Francisco Lorente | Arquitecto en Pontevedra
  • Inicio
  • Arquitectura
    • Viviendas Unifamiliares
    • Bloques de viviendas
    • Rehabilitación
    • Patrimonio
    • Urbanización
    • Públicas
    • Servicios
    • Tintero
  • Pintura
    • 1998 – 2005
    • 2006 – 2009
    • 2010 – 2011
    • 2012 – hoy
    • Críticas de arte
    • Exposiciones
  • Contacto
Seleccionar página

CRITICA DE ANTÓN CASTRO

por Angel | 16 Nov 2021

Herdeira do vangardismo histórico galego dos Laxeiro, Colmeiro e, mais tarde, Pesqueira, inventores da estética do granito, que xurdía dunha sutil interpretación do románico e da cantería popular e dos mitos e paisaxes da Galicia marítimo-rural, a pintura do Francisco Lorente nace nas mesmas entrañas antropolóxicas dun país que vertebra ende a tradición, pero tamén dende unha narratividade que enlaza cos vellos contos de cego tanto como a crónica permanente dun particular diario etnográfico.

Neste sentido, o pintor privilexia o contido dun discurso tan popular como social e entronca coa figuración expresionista daqueles artistas antes citados, incidindo, si cabe, na fragmentariedade da pincelada e na dinámica xestual da mesma, aspectos que dotan da forza e movemento a súa mirada escenográfica.

Así pois, os seus resortes lingüísticos figurativos emparentanse coa historia, coas lendas e co día a día dun acontecer mítico no retrato existencial do vivir que define a un pobo como colectivo antropolóxico, desentrañado na mirada de calquer familia mariñeira de sempre, no trabajo da mar, no recuncho dunha lonxa, no ocio dun café, onde os pescadores xogan o dominó ou simplemente nunha animada pandeirada. Situacións que reavivan o espíritu de Galicia tradicional, aquela que pretendera rescatar para o arte Castelao, e nos posicionan ante o espello refractivo dunha imaxe devolta como esencialidade manifesta, perfilada na sua plasticidade escultórica como estética que imprime carácter e marca un estilo persoal que adscribimos ineludiblemente ó código ou á identidade do país retratado dende dentro hacia fora: retrato, en definitiva, dunha linguaxe específica que pertence a unha tradición, pero igualmente memoria dun acontecer popular que eleva o galego a sua condición mais universal.

Presentación da mostra de pintura na Sala Teucro da Xunta de Galicia de Pontevedra. 4/10/2002

Entradas recientes

  • Viviendas Unifamiliares
  • Bloques de viviendas
  • Rehabilitación
  • Patrimonio
  • Urbanización

Comentarios recientes

    Archivos

    • noviembre 2021

    Categorías

    • Arquitectura
    • Pintura

    Meta

    • Acceder
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org

    FRANCISCO LORENTE

    Calle Oliva, 6 (Galerías) 2º C
    36001 - Pontevedra
    +34 986 863 763 +34 699 975 628 se.gaoc@etnerolf
    • Aviso legal
    • Política de privacidad
    • Política de Cookies
    • RSS
    Francisco Lorente ©2021 - Design by: Webloren 2.0 Soluciones gráficas